O prezo da luz marca hoxe un novo récord

O custo medio é de 227,45 €/MWh, o que supón o quinto maior rexistro da historia.
Factura da luz (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
photo_camera Factura da luz (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).

O prezo medio da electricidade no mercado maiorista sitúase nesta segunda feira nos 227,45 euros por megawatt hora (MWh), isto é, 0,227 euros por quilowatt hora (KWh).

Deste modo, experimenta un incremento de 8,5% a respecto de onte, que xa batera todas as marcas ao se converter no domingo máis caro da historia (209,63 €/MWh). O de hoxe será o quinto prezo máis alto desde que existen rexistros.

O mínimo, pola contra, darase entre as 14 e as 15 horas, 193,73 €/MWh.

O prezo máximo, segundo o Operador do Mercado Ibérico da Electricidade (OMIE), rexistrarase entre as 21 e as 22 horas, cando alcanzará os 280 €/MWh.

O mínimo, pola contra, darase entre as 14 e as 15 horas, 193,73 €/MWh.

Con estas cifras, nesta segunda feira a luz será 26% máis cara que o mesmo día da semana anterior, mais é 21% máis barata qu o récord de 288,53 €/MWh do pasado 7 de outubro.

O custo do megawatt hora non baixa dos 100 euros desde o 23 de agosto, cando deixou un rexistro de 99,76 €/MWh.

Tamén é salientábel a suba do prezo en comparanza coas cifras de comezos de ano, xa que o 1 de xaneiro de 2021 o custo foi de 42,51 €/MWh (0,04 €/KWh).

Comentarios