Optimismo contido no sector galego do transporte polas bonificacións na AP-9

As federacións de transporte piden concretar a proposta para abaratar o prezo das peaxes da AP-9 e non limitala só aos vehículos lixeiros.
Camións Coruña
photo_camera Camións á entrada da Coruña (Arquivo).

O acordo de investidura entre o PSOE e o BNG inclúe a rebaixa dos prezos da autoestrada AP-9 para as persoas usuarias. As federacións galegas de transporte por estrada acollen con optimismo este compromiso, pero agardan a ter máis información para valoralo. 

En calquera caso, unha modificación das tarifas permitiría ás empresas galegas reducir a súa factura nos desprazamentos pola Galiza e, ao mesmo tempo, gañar en competividade. Para iso, os transportistas piden que a rebaixa non se limite só aos vehículos lixeiros, xa que os pesados soportan tarifas que dobran as dos turismos e reducilas permitiría evitar os desvíos que moitos dos profesionais fan para non asumir os altos custos de percorrer a infraestrutura xestionada por Audasa.

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios