O alugueiro subiu máis que a inflación en Santiago de Compostela durante 2022

En comparación cos datos de novembro, o alugueiro incrementouse 1,06% a nivel estatal, mentres que no trimestre, os prezos subiron 2,84%.
Bloques de vivendas nunha rúa céntrica de Compostela. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Bloques de vivendas nunha rúa céntrica de Compostela. (Foto: Nós Diario)

O prezo das vivendas de alugueiro subiu máis que a inflación durante 2022 en Santiago (+9,5%), segundo os datos do portal web Idealista.

En concreto, este portal apunta, que entre os municipios do Estado que rexistran subidas por encima da inflación de decembro, pero por baixo dos dous díxitos, están Torrexón de Ardoz (9,7%), Santiago de Compostela (9,5%), Torrent (9,4%) ou Xetafe (9%), en Madrid.

Subida por baixo da taxa de inflación

Do outro lado, sinala outras 12 localidades que tiveron subidas das rendas por baixo da taxa de inflación, entre elas están Vigo (1%), Pozuelo de Alarcón (2,2%), e Mataró (2,9%).

Por outra parte, o informe anual de prezos de alugueiro elaborado por pisos.com indica que o prezo dos alugueiros situouse en decembro en 10,49 euros por metro cadrado, 5,11% máis caro que no mesmo mes do ano anterior.

Incremento do alugueiro

En comparación cos datos de novembro, o alugueiro incrementouse 1,06% a nivel estatal, mentres que no trimestre, os prezos subiron 2,84%.

O portal inmobiliario tamén precisa que no semestre produciuse unha revalorización de 2,64%.

Comentarios