A Galiza rexistra a segunda maior repunta do IPC interanual

O prezo á alza dos carburantes, a vivenda e o transporte, as causas deste encarecemento.
O prezo dos carburántes impulsou a suba do IPC en agosto (Foto: Óscar Cañas / Europa Press).
photo_camera O prezo dos carburantes impulsa a suba do IPC (Foto: Óscar Cañas / Europa Press).

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) baixou 0,4% en xaneiro en relación ao mes anterior e recortou a súa taxa interanual até o 6,1% no conxunto do Estado, catro décimas por baixo da taxa de decembro (6,5%), debido ao abaratamento da luz, dos alimentos e dos paquetes turísticos, segundo os datos publicados esta terza feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que implanta hoxe a nova base 2021 neste indicador.

A taxa interanual do IPC rexistrada en xaneiro (6,1%) é unha décima superior á avanzada a finais do mes pasado polo INE (6%). No caso da taxa mensual (-0,4%), o dato definitivo é unha décima menor ao que adiantou Estatística (-0,5%).

Co dato de xaneiro, o IPC interanual encadea a súa décimo cuarta taxa positiva consecutiva e suma dous meses seguidos en taxas superiores a 6%, niveis que non se vían desde hai case tres décadas.

A Galiza, á cabeza no encarecemento

Con base nesta mesma estatística, na Galiza o IPC interanual subiu en xaneiro até o 6,8%, sete décimas máis que a media estatal. É o segundo maior dato após o de Castela-A Mancha (+7,2%).

De feito, a taxa interanual caeu en xaneiro a respecto do dato de decembro de 2021 en todo o Estado agás na Galiza, onde se incrementou unha décima.

Causas do comportamento do IPC

Segundo o INE, no comportamento interanual do IPC salienta a baixada dos prezos da electricidade, fronte ao grande incremento rexistrado no mesmo mes de 2021; dos paquetes turísticos, e dos alimentos, xa que os prezos dos legumes e hortalizas e da auga mineral e os refrescos e zumes subiron menos en xaneiro deste ano do que o fixeron un ano antes.

Pola contra, os prezos dos carburantes e lubricantes para vehículos persoais aumentaron en xaneiro deste ano máis que no mesmo período do ano pasado, mentres que os prezos da vestimenta e o calzado baixaron menos que en xaneiro de 2021.

Así, na Galiza lideran esta repunta a vivenda, que é 21% máis cara que en xaneiro de 2021, o transporte (+11,3%) e a vestimenta e o calzado (+7,4%).

comentarios