O IPC pecha o ano no Estado disparado pola luz: 6,7%, o seu maior taxa desde 1992

Debido o encarecemento da luz e, en menor medida, dos alimentos.
A luz baixa o seu prezo esta cuarta feira. (Foto: Josfor).
photo_camera (Foto: Josfor).

O Índice de Prezos de Consumo (IPC) subiu 1,3% en decembro no conxunto do Estado  en relación ao mes anterior e disparou a súa taxa interanual até 6,7%, máis de dous puntos por riba da taxa de novembro (5,5%) e o seu nivel máis alto en 29 anos, debido o encarecemento da luz e, en menor medida, dos alimentos.

Co dato de decembro, o máis elevado desde marzo de 1992, o IPC interanual encadea a súa duodécima taxa positiva consecutiva, segundo os datos avanzados publicados esta quinta feira polo Instituto Nacional de Estatística (INE).

Segundo Estatística, no comportamento interanual do IPC destaca a suba dos prezos da electricidade, maior en decembro deste ano que en igual mes de 2020, e, en menor medida, dos alimentos, cuxos prezos baixaron o ano pasado.

Por contra, os prezos dos carburantes e lubricantes para vehículos persoais baixaron en decembro deste ano, en contraste coa suba que experimentaron un ano antes.

Por contra, o INE destaca un descenso dos prezos da electricidade en novembro deste ano fronte ao mesmo mes do ano pasado.

O INE incorpora no avance de datos do IPC unha estimación da inflación subxacente (sen alimentos non elaborados nin produtos enerxéticos), que aumentou en decembro catro décimas, até 2,1%, co que se sitúa case cinco puntos por baixo da taxa do IPC xeral. É a taxa máis elevada da subxacente desde marzo de 2013.

En taxa mensual, o IPC encadeou a súa quinta repunta consecutiva ao subir 1,3% en decembro, un punto por riba do ascenso rexistrado no mes de novembro.

Trátase da maior subida mensual da inflación nun mes de decembro desde o ano 1983.

Comentarios