Fruga bota en falta unha “visión estratéxica” da Xunta para o agro

Lamenta que non haxa "visión" nun momento no se están a producir novedades en sectores como a transformación e o cooperativismo.

Cadea de envasado do leite
photo_camera Cadea de envasado do leite

A Federación Rural galega (Fruga) lamenta que a Xunta careza dun “proxecto estratéxico” para o agro galego, un baleiro que se nota nestes momentos, indican, nos que se están producindo iniciativas e novidades. Elías Somoza pon como exemplo, en conversa con Sermos Galiza, o sector transformador, onde están a saír proxectos como Leitenoso, entre outros. “Tiña que haber un interese”, sostén Somoza, por parte das administracións. Fruga lembra que nos anos recentes houbo experiencias que acabaron moi mal e que supuxeron desbaldir importantes cantidades de diñeiro público. “Ninguén quere outro Alimentos Lácteos”.

“Vimos demandando desde hai tempo un proxecto estratéxico por parte da Xunta, que se deixe de estar de brazos cruzados”, afirma. Non só no sector da transformación está a haber movemento, tamén no do cooperativismo, como no paso dado por Feiraco, Xallas, Irmandiños e Melisanto.

A Federación considera que desde a administración terían, polo menos, que apostar por coordenar os diferentes proxectos que se están dando nestes. “É necesario, para poder así facer algo xa pensando en altos volumes” e cantidades.

Comentarios