Confírmase a estafa: as vítimas das preferentes perderán o 43% dos seus aforros

Fontes próximas ao Fondo de Restruturación Ordenada Bancaria (FROB) anuncian que @s afectad@s polo calote das participacións preferentes e subordinadas perderán perto da metade dos seus aforros. O 57% da contía serán canxeadas en accións da entidade financeira. Fica por ver o grao de convertibilidade destes títulos en diñeiro efectivo. Pola súa banda, @s vítimas do calote no Banco Gallego afrontarán perdas do 50%.

Segundo anuncian fontes próximas ao FROB esta sexta feira, as persoas defraudadas polas participacións preferentes de Nova Galicia Banco ficarán sen o 43% dos seus aforros. No caso das participacións subordinadas do 41%. Isto é, perderán perto da metade do diñeiro depositado na entidade financeira. Aliás, aqueles fondos que non estean suxeitos á quita serán transformados en accións de NGB. 

Pola súa banda, @s afectad@s pola fraude no Banco Gallego afrontarán perdas do 50% dos seus aforros. 

Segundo informou o ministro de Economía, Luís de Guindos o executivo español aprobou unha derrama estraordinaria dirixida ao Fondo de Garantía de Depósitos que outorgará liquidez aos devanditos títulos, porén descoñécese o grao de convertibilidade e o valor dos mesmos. Neste senso, fontes do FROB aseguran que no caso de Bankia o valor accionarial se situará en 0,01 euros, cifra que fixa o prezo de referencia para o canxe. O valor anunciado supón un 96% menos da actual cotización en bolsa da mesma entidade. 

Comentarios