DÍA INTERNACIONAL DO TRABALLO

CIG chama a un Primeiro de Maio de rebelión contra as políticas do Partido Popular

A Coruña acolle a manifestación central, na que participará o secretario xeral, Suso Seixo
Manifestación da CIG
photo_camera Manifestación da CIG

A CIG non está disposta a que as políticas económicas e laborais da dereita española fiquen sen resposta neste Primeiro de Maio, data na que a central nacionalista convoca mobilizacións por todo o país coincidindo co Día Internacional da Clase Traballadora.

Para a CIG, “as políticas económicas, sociais e laborais que está a promover o PP a través dos Gobernos español e galego, seguindo as directrices de institucións como o FMI, o BCE ou a Comunidade Europea, responden ao seu modelo ideolóxico de economía neoliberal e de defensa dos intereses da banca, dos especuladores e da oligarquía financeira”. Frente a iso, o sindicato nacionalista chama a loitar por un novo modelo de organización “a nivel social e económico, realmente democrático, que sirva aos intereses da maioría social” e no que as clases populares e os seus representantes, sociais e políticos, “sexan os que fixen as políticas económicas e laborais e non institucións políticas e financeiras ao servizo do capital”.

Horarios das manifestacións:

Vigo ás 12,00 h. Cruce da Doblada

A Coruña ás 12,00 h. Praza de Vigo, manifestación central.

Pontevedra ás 11,30 h. Praza da Ferrería

Ferrol ás 12,00 h. Avda. de Esteiro (local da CIG)

Santiago ás 12,30 h Praza Roxa

Lugo ás 12,30 h. Ronda da Muralla (edificio sindical)

Ourense ás 12,30 h. Pavillón dos Remedios

Ribeira ás 12,00 h. Praza do Peixe

Mondoñedo ás 12,30 h. Diante da ECAR

Vilagarcía ás 12,00 h. Casa do Mar

Comentarios