Botín non descarta poxar por NCG Banco

O presidente do Santander deu por feito que haberá unha "poxa" de NCG Banco e afirmou que estudará "con todo detalle"  esta operación.
Banco de Santander
photo_camera Banco de Santander

Despois de participar na XII Xunta Xeral de Accionistas de Universia, Botín mantivo un encontro coa prensa na que asegurou que as caixas de aforros son unha parte "moi importante" do sistema financeiro español. "Faltan aínda algunha poxas", asegurou "falta a poxa da galega, de Novacaixagalicia", expuxo. O presidente do Santander admitiu que "que o banco estudará con todo detalle estas operacións", en referencia á caixa galega e a de Catalunya Caixa.

Estas dúas entidades nacionalizadas están cotroladas polo FROB. Catalunya Caixa iniciou xa os trámites para a poxa, mentres que NCG Banco formulou a posibilidade de evitala e formular un concurso público. Para levar adiante ese proxecto, os fondos de investimento cos que negociou o presidente José María Castellano exixen a concesión dun esquema de protección de activos (EPA) que non comparte o Banco de España. Botín lembrou que o Banco de Santander xa ten unha franquía moi boa no sistema español mais que non desbota outras, como a galega, "moi potentes" nas súas comunidades de orixe.

Comentarios