ECONOMÍA

O BBVA cobra comisións en contas hipoteca

O BBVA cobra comisións en contas hipoteca

Coincidindo no tempo outras entidades bancarias comezaron a cobrar grandes comisións a usuarias e usuarios. Algunhas mesmo en contas nas que non se contempla esa posibilidade. 
Oficina de BBVA (Europa Press)
photo_camera Oficina de BBVA (Europa Press)

O abuso nas comisións dalgunhas entidades bancarias estes días está a escandalizar moitas usuarias e usuarios que pasan a controlar máis as súas contas. Nós Diario tivo coñecemento dun caso aínda máis grave que o de Abanca protagonizado polo BBVA. "Na mesma data que Abanca, o BBVA cobroume 53 euros en concepto de comisións e gastos nunha conta hipoteca", explica un cliente. Relata que ten esa conta "desde 2004 e non a emprega para nada máis que para rematar de pagar o piso". Decatouse do cobro por ter unha aplicación móbil e decidiu denunciar o seu caso "para avisar aquelas persoas maiores, entidades e, en xeral,  todo o mundo para que revise a súa conta". Sinala que tardou varios días en contactar coa oficina e que lle recomendaron que presentase unha reclamación, caso contrario "tardarían varias semanas en devolverme o diñeiro".

Miguel López, secretario xeral da Unión de Consumidoras e Consumidoras da Galiza (Ucgal), confirma a Nós Diario que "nas contas hipoteca, os bancos non poden cobrar comisións". López cre que estas actuacións agora mesmo poderían explicarse "pola falta de rendemento económico con outras que teñen as entidades, polo que a maneira de facelo pola vía rápida é cargarllo á consumidora ou consumidor".

Apoia Nós Diario

Se estás lendo de balde este xornal é grazas ás máis de 3.000 persoas subscritoras. A información independente ten un prezo. Apoia un xornalismo galego e sustentábel subscribíndote a Nós Diario ou facéndote mecenas.

comentarios