Aumenta o peso da facturación das empresas que teñen a sede fóra da Galiza

Segundo datos achegados polo Instituto Galego de  Estatística (IGE) contan co 33,4% do importe neto mais diminúen na creación de emprego. 
Central de ciclo combinado de As Pontes (Endesa)
photo_camera Central de ciclo combinado de As Pontes (Endesa)

As empresas de fóra da Galiza aumentan os seus ingresos no noso territorio en 2018, segundo datos achegados polo Instituto Galego de  Estatística (IGE).

A cifra de negocios destas empresas industriais que en 2018 realizaron algunha actividade económica na Galiza supón 33,4% do total do importe neto da facturación das firmas deste sector con actividade no noso país. Para as empresas dedicadas ao sector servizos, esta porcentaxe sitúase en 22% en 2018 e para as empresas comerciais, a cifra baixa até 15,6%. 

No tocante ao emprego, estas empresas dan traballo a 12,4% das ocupadas e ocupados na industria da Galiza. No sector do comercio a cifra é moi semellante ao sitúase tamén en 12,4% en 2018. Pola contra, sobe a 18,7% no sector servizos

Aumento anual 

Se se comparan as porcentaxes observadas en 2018 cos do ano anterior, aumentou o peso das empresas industriais con sede fóra de Galiza no importe neto da cifra de negocios xerado por este sector na comunidade (0,6 puntos).

Tamén aumentou en 0,2 puntos o peso destas empresas que se dedican ao comercio na cifra de negocios do sector. Pola contra, no caso dos servizos, a súa porcentaxe diminuíu 0,9 puntos en 2018 respecto a 2017. No caso do emprego o peso destas empresas, pola contra, diminuíu nos tres sectores analizados en 2018 en relación co ano anterior. 

Empresas galegas 

No que respecta ás empresas industriais con sede na Galiza que en 2018 realizaron algunha actividade económica noutro territorio, un 5,7% do seu importe neto da cifra de negocios facturouse fóra. No sector servizos, esta porcentaxe sobe a 7,7% e no comercio a 19%. Ademais, en 2018, a porcentaxe de ocupadas e ocupados por empresas industriais con sede na Galicia e actividade fose que estivo ocupada noutro territorio do Estado español foi de 3,8%; no sector servizos 6,1% e no comercio 18,5%.

Alén diso, aumentou a porcentaxe do importe neto da cifra de negocios de empresas galegas xerado fóra no sector do comercio e na industria (5 puntos no primeiro e 0,7 no segundo).

Pola contra, o importe neto da cifra de negocios xerado fóra, no caso das empresas do sector servizos con sede na Galiza, diminuíu 0,2 puntos entre os anos 2017 e 2018.

Comentarios