216 empresas galegas trasladaron fóra a súa sede en 2019, a maior parte a Madrid

Un informe da asesora Informa D&B sinala que 2019 rematou coa marcha de empresas que facturaban no noso país 208,7 millóns de euros.

Polígono Industrial da Grela, A Coruña
photo_camera Polígono Industrial da Grela, A Coruña

Un total de 216 empresas galegas trasladaron a súa sede social a outros territorios do Estado español durante o ano 2019. Un estudo publicado pola asesora Informa D&B confirma o mal momento empresarial polo que pasaba Galiza antes da chegada da Covid-19.

Segundo o estudo desta asesora 188 empresas decidiron mudar a súa sede a Galiza, un saldo negativo de 28 en relación ás que saíron.   

En relación ao destino das empresas que deciden abandonar o noso país o informe sinala que 65% foi a Madrid. A perda total de facturación acadaría os 208,7 millóns de euros.

A procedencia das empresas que viñeron era en 37% de Madrid en 20% de Castela e León.

Os datos sinalan un cambio de tendencia. En 2017 e 2018 o saldo era positivo, cun aumento de 33 e 34 sociedades respectivamente.

Comentarios