As vendas do pequeno comercio caen un 13% en Galiza, onde xa pecharon 20.000 negocios

As vendas do comercio minorista caeron nestes últimos doce meses en Galiza un 12,8%. Desde 2007 son por volta de 20.000 os pequenos comercios que tiveron que botar o peche

Comercio por pechar en Compostela
photo_camera Comercio por pechar en Compostela

As vendas do comercio ao por menor rexistraron unha queda nestes últimos doce meses dun 12,8%, o que supón a terceira máis grande do Estado após as de Euskadi e Madrid. No conxunto do Estado as vendas retrocederon un 10,9% e xa se encadean 33 meses consecutivos de descensos interanuais.

Os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) tamén se apunta a que nese mesmo período (de marzo de 2012 a marzo do presente exercicio) o emprego relacionado con este sector caeu nun 3,5%.

A propia Federación Galega do Comercio calculaba, o ano pasado, que o número de pequenos negocios que tiveron que pechar no país desde o inicio da crise, en 2007, fora de por volta de 17.000 E a iso engadían que os empregos perdidos no sector nese mesmo período eran duns 43.000.

Alénd a crise, medidas adoptadas polo goberno como a suba do IVE ou ben a liberalización horaria e rebaixas todo o ano supuxeron un “tiro de graza” ao sector.

Comentarios