sábado 24/07/21

Abanca gaña 157 millóns no primeiro semestre, un 18% máis

A día de hoxe, o Estado só ten recuperado do rescate das caixas galegas, ao que destinou miles de millóns, uns 730 millóns de euros
O conselleiro delegado, o presidente e o director xeral de Abanca, principal empresa na sociedade que xestionará os fondos (Abanca)
O conselleiro delegado, o presidente e o director xeral de Abanca, principal empresa na sociedade que xestionará os fondos (Abanca)

Abanca obtivo no primeiro semestre de 2021 un beneficio atribuído de 157 millóns de euros, o que supón un incremento do 18% respecto ao mesmo período do ano anterior, segundo destaca a entidade financeira.

O banco, que presenta esta quinta feira os seus resultados en rolda de prensa, atribúe esta evolución á "fortaleza" dos seus ingresos recorrentes, "complementada polo control de gastos e a contención do custo do risco".

Reivindica que afronta agora así a saída da crise "desde unha posición de elevada fortaleza financeira que ten como principais alicerces a boa calidade da súa carteira, os altos niveis de cobertura, a súa elevada capitalización e a súa cómoda posición de liquidez".

O pasado febreiro, o banco que preside Juan Carlos Escotet presentou os resultados para 2020, exercicio no que se anotou unhas ganancias de 160 millóns após dedicar 273 a provisións. Após a integración contábel de Bankoa e a adquisición da rede española de Novo Banco, Abanca superou os 100.000 millóns de euros de volume de negocio. A operación de Novo Banco, sexta de ABANCA desde 2014, fortalece o seu posicionamento en banca persoal e fóra de Galiza.

A día de hoxe, o Estado só ten recuperado do rescate das caixas galegas 738 millóns de euros, tendo recibido Abanca desde 2013 do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) 462 millóns de euros.

Abanca recibiu 462 millóns de euros de diñeiro público procedente do FROB desde 2013. A Sareb é un dos grandes propietarios da Galiza. A sociedade creada polo Estado para rescatar á banca non ten deixado de rexistrar perdas desde a súa fundación en 2012, converténdose nun dos principais responsábeis do aumento da débeda pública no Estado. Practicamente unha década despois os galegos seguen pagando a factura da crise bancaria.

As propiedades da Sareb proceden dos activos tóxicos existentes no balance das entidades de crédito rescatadas durante a Grande Recesión. Practicamente, 80% dos mesmos na Galiza facían parte da carteira de Caixa Galiza e Caixanova, receptora de máis de 9.400 millóns de euros de fondos públicos e beneficiada ao verse librada destas propiedades que lastraban as súas contas.

A día de hoxe, o Estado só ten recuperado do rescate das caixas galegas 738 millóns de euros, tendo recibido Abanca desde 2013 do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) 462 millóns de euros.

comentarios