Xela Martínez segue sen rivais no Campionato de España Sub-18

As probas de medio fondo e fondo deron os mellores resultados. Ademais de Xela Martínez, Teo de Frutos e Daniel Salgueiro levaron bronces.  
A atleta lucense, Xela Martínes, coa medalla de ouro (Foto: FGA).
photo_camera A atleta lucense, Xela Martínes, coa medalla de ouro (Foto: FGA).

A presenza galega no Campionato de España Sub-18 de pista cuberta, realizado en Salamanca (Castela e León), resolveuse con tres medallas e sete finalistas.

Foron, en concreto, as probas de medio fondo e fondo as que deron un maior rendemento e, novamente, a dos 3.000 resultou determinante. 

A actuación máis salientábel  correspondería á atleta lucense Xela Martínez, sen rivais nesa categoría, ao proclamarse campioa de España cunha diferenza de vinte segundos e un crono oficial de 9:39.58.

Teo de Frutos

Outra das medallas colleitadas foi a do tamén lucense Teo de Frutos, quen conseguía entrar na liña de meta na terceira posición cun rexistro oficial de 8:39.19.

O trío destacado de lucenses foi completado por Miguel Alvariño, da Escola Atlética, que remataba nun excelente cuarto posto na final con 8:43.68.

Por último, tamén resultou moi notábel o campionato desenvolto polo coruñés Daniel Salgueiro, quen, logo de acceder á final por tempos, lograba un excelente bronce cun tempo de 1:54.86 (MMP) no seu primeiro ano como Sub18.

Comentarios