Vitoria de Rubén Fernández e podio galego no Motocrós Élite en Lugo

Estrea internacional do novo circuíto lugués cun podio completamente galego. 
Yago Martínez, Rubén Fernández e Jorge Prado, no podio (Foto: RFEM).
photo_camera Yago Martínez, Rubén Fernández e Jorge Prado, no podio (Foto: RFEM).

O Circuíto Motopark de Lugo non podía ter unha mellor estrea na alta competición que cun Campionato de España de Motocrós Elite. O circuíto, coñecido polo nome  do seu impulsor, Jorge Prado, encheuse durante os dous días que abriu para adestramentos, cronometrados, mangas de clasificación e competición.

Jorge Prado corría de novo na Galiza, unha situación que non se derá desde que gañara o Campionato do Mundo de MX2.

Comezou marcando terreo e dominou de principio a fin a primeira manga de ÉliteMX1 diante do seu público e o de GasGas Factory non tivo rival e co paso das voltas foise distanciado de todos para rodar en solitario e divertirse enriba da moto. 

Detrás loitaban José Antonio Butrón, Carlos Campano, Rubén Fernández e Yago Martínez.

Na carreira, Butrón e Campano tocáronse nun dos seus lances de carreira e o de TRT quedouse fóra de carreira sendo, coa bandeira a cadros ondeando, Rubén segundo e Yago terceiro. Consumábase o triplete galego para esta primeira manga que se reproduciría máis tarde tamén na segunda.

Fernández gaña a partida

Xa na seguinte manga, o de Honda HRC púxose primeiro nos xiros iniciais mais Prado adiantouno para tentar tirar e gañar na súa casa. Rubén non lle deu facilidades e no ecuador da manga pasou ao de GasGas Factory para imprimir un ritmo altísimo e levar a vitoria. 

Detrás, Yago Martínez, Xurxo Prol e Carlos Campano loitaron pola terceira praza.

O de Yamaha E.Castro Bedetec pasou aos pilotos que tiña diante para ser terceiro e irse de Lugo coa Placa de Líder 24MX.

Na cabeza, o vigués Rubén Fernández creceuse ante todo e todos e venceu con bastante distancia e autoridade respecto a Jorge Prado que se tivo que conformar con ser segundo.

Grazas aos resultados nas dúas mangas, o porriñés Yago Martínez completou o podio galego neste primeiro gran compromiso para o novo circuíto de motocrós lugués.

Comentarios