Policía e seguridade obrigan a siareir@s do Celta a entregarlles as bandeiras nacionalistas en Vallecas

No blogue 'Meu celta' recollen o relato de afeccionad@s galeg@s no estadio vallecano. Quitáronlles a bandeira na entrada e non llas devolveron tras o partido.

Até o de agora o estadio de Vallecas non era un dos recintos (cada vez máis) onde @s seareir@s galeg@s tiñan que renunciar a levar a bandeira nacionalista para acceder o campo. Mais iso cambiou este sábado, segundo o relato de afeccionados celtistas que se desprazaron a Madrid para apoiar á armada celeste contra o 'Rayo'. Cóntao o blogue 'Meu Celta': “sufriron o secuestro (tamén poderíamos chamalo roubo) das súas estreleiras".

"Las banderas con puntas (pola estrela vermella) non poden pasar"

Relatan que para poder acceder o estadio tiñan que facer entrega das bandeiras nacionalistas a instancias da policía española e a seguridade privada. “Las banderas con puntas (en referenza á estrela) no pueden pasar” chegou a lles dicir unha garda de seguridade, segundo unha afeccionada celtista.

As que se lograron pasar, perseguidas

Segundo 'Meu Celta' algúns seareir@s conseguiron introducir estreleiras no estadio. “Houbo unha persecución nas primeiras filas da zona visitante para roubar unha desas estreleiras, sen éxito grazas a colaboración do celtismo. Minutos despois de rematar o encontro un axente de seguridade confiscou unha nova bandeira”.

Finalizado o partido, e sempre segundo este relato, un grupo de celtistas exixiu que se lle devolvesen as bandeiras. “Sen éxito”, afirman, “botáronnos a empurróns”.  

Comentarios