Xustiza

Pedro Rocha, candidato a presidir a RFEF, imputado no 'Caso Rubiales'

A maxistrada investiga presuntos delitos de corrupción nos negocios, administración desleal e branqueo de capitais.
O ex presidente interino da RFEF e agora candidato, Pedro Rocha, chegando aos xulgados esta sexta feira. (Foto: . Pérez Meca / Europa Press)
photo_camera O ex presidente interino da RFEF e agora candidato, Pedro Rocha, chegando aos xulgados esta sexta feira. (Foto: . Pérez Meca / Europa Press)

A xuíza de Majadahonda (Madrid) que investiga presunta corrupción na Real Federación Española de Fútbol (RFEF) durante a xestión de Luis Rubiales decidiu imputar o ex presidente interino e candidato a presidir a entidade, Pedro Rocha, que esta sexta fdira estaba citado para declarar como testemuña.

Fontes xurídicas confirmaron que se acordou a imputación de Rocha e que se suspendeu a declaración do que foi até hai poucos días presidente da Comisión Xestora da Federación tras a dimisión, a finais de 2023, de Rubiales, con quen xa exercera de vicepresidente da institución.

Desta forma, Rocha pasa a figurar na lista de investigados na peza separada, coñecida como 'Brody', que o xulgado abriu en paralelo ao caso principal, que vira sobre as presuntas irregularidades cometidas para levar a Supercopa de España de fútbol a Arabia Saudita.

A maxistrada investiga presuntos delitos de corrupción nos negocios, administración desleal e branqueo de capitais cometidos entre 2018 e 2023, cando Rubiales estaba á fronte da RFEF.

Máis en DEPORTES
Comentarios