domingo 19.01.2020

O gardamallas de Paradela Diego López ficha polo Madrid para cobrir a baixa de Casillas

Aos 31 anos, Diego López (Paradela, 1981) vén de se comprometer co Real Madrid, para cobrir a baixa de Iker Casillas. Formado na canteira do Lugo, foi titular no primeiro encontro da selección galega que dirixiron Arsenio Iglesias e Fernando Vázquez.

Gardamallas moi solvente no xogo aéreo, Diego López disputará con Adán a titularidade da baliza branca logo de se confirmar que Iker Casillas será baixa durante cando menos os dous próximos meses.

O até hoxe porteiro do Sevilla (e ex do Villarreal, onde atinxiu o cume da súa carreira profisional) podería vir a ser titular xa a vindeira cuarta feira, nas semifinais da Copa contra o Fútbol Club Barcelona.

Debutou coa selección nacional galega o 29 de Novembro de 2005, ás ordes do dúo Arsenio-Fernando Vázquez.

O gardamallas de Paradela Diego López ficha polo Madrid para cobrir a baixa de Casillas
comentarios