Jorge Prado conquista o Mundial de MXGP
O galego Jorge Prado é o novo capión do cundo de MXGP, sendo o primeiro piloto en conseguilo.
Sobre a súa GasGas, que tamén logra o seu primeiro título, o abandono de Romain Febvre unha vez superado o ecuador da primeira manga entregoulle o título automaticamente a Prado.
Na última proba do certame, con todo, logrou rematar en primeira posición, por diante de Jeremy Seewer.
Prado completa así unha fantástica tempada na que foi o que gañou máis mangas (14) e mangas clasificatorias (9), ao que engadiu os seus triunfos nos Grandes Premios de Alemaña e Trentino.
Con este título mundial Jorge Prado completa un fantástico palmarés que iniciou proclamándose campión de Europa e do Mundo na categoría de 65 centímetros cúbicos con só 10 anos.
Posteriormente 'caeron' o Europeo de 125 e o Mundial de MX2, e agora, o título da máxima categoría.