A inicitiva #FainoEnGalego demanda que os clubs deportivos do país usen o galego

Reclaman o emprego da lingua propia nas canles oficiais a través dunha campaña nas redes.
Varios equipos xa apoiaron publicamente a iniciativa en Twitter. (Foto: Nós Diario).
photo_camera Varios equipos xa apoiaron publicamente a iniciativa en Twitter. (Foto: Nós Diario).

A rede social Twitter está revolucionada desde que esta semana comezase a iniciativa #FainoEnGalego, a través da cal numerosos afeccionados e afeccionadas de diferentes equipos de distintos deportes reclaman que empreguen a lingua galega nas súas canles oficiais.

Unha das promotoras, a conta @RamonadoCurral, explica a Nós Diario que o seu obxectivo é "que o idioma teña máis visibilidade entre a xente nova, para o que é fundamental que os clubs a empreguen nas súas redes sociais".

Por iso, cando estes chían en castelán solicitan que usen o galego empregando o hashtag #FainoEnGalego.

Polo de agora a resposta está a ser "moi positiva", até o punto de que "clubs como o Ciclista Betanzos, A Fervenza de fútbol sala, o San Sadurniño ou o Ural xa apoiaron publicamente a iniciativa", engade.

Ademais, persoeiros do mundo da cultura e do deporte xa están a dar o seu apoio a esta campaña, sendo o primeiro deles o actor Federico Pérez

Comentarios