Un gol no minuto 88 derrota o Celta en Cornellá nun partido que debeu rematar en empate

O Celta tivo o coiro, mas apenas xerou ocasións de gol. O Espanyol acertou nunha xogada en profundidade e Sergio García, especialista en rachar muros defensivos, bateu a Yoel sen tempo xa para reaxir. A equipa de Luis Enrique morreu en realidade de autocontrol, como se dese por bon o empate.

celta
photo_camera Un lance do xogo


Derrota do Celta nun partido máis ben táctico, nun xogo en que deu toda a impresión de a equipa de Luis Enrique dar por bon o empate.

En todo caso, quen puxo a combinación, a electricidade e o vigor foi o Celta, face un Espanyol que non asumiu en absoluto o rol de equipa de casa.

Sen perigo

Apenas houbo traballo reseñábel para os gardamallas e mais unha vez se escintilou algo na vangarda foi a falta de perigo face a baliza contraria.

O Espanyol apenas existía, salvo no balón parado. O Celta mostrou a súa predilección polo passing game, mais sen o traducir en pisar acotío a área espanyolista.

Todo se abocaba ao 0-0, até que unha bola longa, profunda, chegou a Sergio García, minuto 88. Aí acabou a función.

Espanyol: Casilla, Víctor Sánchez, Stuani (Pizzi, min.64), Sergio García, Moreno, Javi López, Fuentes, Colotto, Simao (Raúl Rodríguez, min.91), Abraham e Córdoba (Álex Fernández, min.46)
 
Celta: Yoel, Hugo Mallo, Cabral, Fontás, Jonny, Oubiña, Augusto (Álex López, min.73), Krohn.Dehli, Rafinha, Orellana (Nolito, min.67) e Santi Mina (Mario Bermejo, min.83)
 
Goles: 1-0, min.88: Sergio García
 
Árbitro: Prieto Iglesias, do comité navarro. Cartóns para Augusto e Víctor Sánchez
 
Campo: Cornellá-El Prat

Comentarios