A Galiza perde forza na Primeira RFEF

Os obxectivo dos equipos galegos das principais categorías futbolísticas están agora máis lonxe logo dunha xornada na que o Lugo sumou o seu décimo quinto partido sen gañar na Segunda División e tanto Rácing de Ferrol como Deportivo e Celta B fican máis lonxe do único posto que outorga o ascenso directo á categoría de prata. 
O Rácing ascenderá se supera o Celta B, mentres que o Dépor non ten asegurado o terceiro posto se gaña en Pontevedra, xa que depende do que faga o Real Madrid B. (Foto: RC Deportivo).
photo_camera Un tenso derbi entre Rácing e Dépor rematou cunha repartición de puntos que non deixou contento a ningún dos dous equipos. (Foto: RC Deportivo).

A situación do partido do Celta na noite da segunda feira -por obra e graza da Liga de Fútbol Profesional de Javier Tebas -desprazou a atención da xornada futbolística da Primeira División até a Primeira Federación, onde o filial do Celta; o seu eterno rival, o Deportivo; e o Rácing de Ferrol asinaron unha xornada 32 de campionato que non deixou satisfeita ningunha das tres escuadras. 

O Celta B sumou a súa segunda derrota consecutiva, nesta ocasión ante o Real Madrid B, que foi moi superior (3-0). Os rapaces dirixidos por Claudio Giráldez non tiveron opción fronte os de un Raúl González Blanco que concedeu dez minutos o galego e ex deportivista Noel, quen provocou un penalti que Arribas transformou no terceiro e definitivo tanto branco.

Dépor e Rácing, pola súa parte, enfrontáronse nun tenso derbi na Malata que rematou con resultado gafas, 0 a 0, aínda que o colexiado anulou -correctamente- un tanto aos locais por mans de Héber Pena e o visitante Arturo cometeu un fallo incomprensíbel enviando fóra un balón que só había que empurrar a gol.

Máis afastado das posicións de cabeza está un Pontevedra que demostrou por que está situado nos postos de descenso após caer goleado co Mérida en Pasarón por 1 a 5, ficando a cinco puntos da salvación cando só quedan seis partidos por disputar.

Décimo quinto partido sen gañar para o Lugo 

Pero se o Pontevedra está mal, a situación en Lugo é absolutamente dramática, e tan só unha carambola practicamente imposíbel de producirse salvaría un conxunto albivermello que fecha a táboa clasificatoria con 27 puntos, 14 menos que o Rácing de Santander, que marca o limiar da permanencia cando faltan por repartirse só 18.

O enésimo tropezo da tempada chegou en Oviedo, onde o gol de Xavi Torres desde os 11 metros non compensou os tantos de Enrich e Vallejo, o que alporizou aínda máis unha afección que empregou as redes sociais para expresar o seu fastío co club. 

Comentarios