A Galiza acollerá o Estatal de fútbol sala de base

A proba desenvolverase a partir do 6 de marzo.
Presentación do evento esta segunda feira. (Foto: RFGF).
photo_camera Presentación do evento esta segunda feira. (Foto: RFGF).

A Galiza será o epicentro do fútbol sala de base estatal, logo de que a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) oficializase a concesión da organización do Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) Sub-14 e Sub-12 femininas, un evento que se desenvolverá do 6 ao 10 de marzo no sur do país, distribuído entre Sanxenxo, Meaño e Poio.

Na segunda feira tivo lugar o acto co que se deu o disparo oficial de saída ao campionato no  Pavillón Municipal de Baltar, situado no Concello de Sanxenxo, principal sede da cita. 

A esa posta de longo acudiron o presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF), Rafael Louzán; os alcaldes dos tres concellos nos que se disputará a competición (Telmo Martín, Ángel Moldes e Carlos Viéitez; o xefe de servizo da Secretaría Xeral para o Deporte, Daniel Benavides; e o deputado provincial Marcos Guisasola. Os vicepresidentes José Manuel Fernández e Pablo Prieto tamén estiveron presentes por parte da Federación Galega.

Deste modo, ademais do antedito Pavillón Municipal de Baltar, o pavillón de Dena e o pavillón da Seca serán os tres escenarios nos que se dispute este CESA Sub-14 e Sub-12, un evento no que participarán dúas seleccións galegas que o encaran "coa máxima ilusión".

Serán en total 14 federacións territoriais as representadas mediante 24 combinados que chegarán á Galiza con preto de 500 deportistas e técnicos, ademais de familiares e amizades que se desprazarán para seguir a competición en directo.

Con respecto ao calendario de partidos, a Sub-12 ficou encadrada no Grupo 'A' xunto con Estremadura, Castela A Mancha e Aragón, mentres que a do grupo de idade Sub-14 medirá forzas na primeira fase da proba coas seleccións de Melilla, Andalucía e Catalunya.

Máis en DEPORTES
Comentarios