As estatísticas descenden o Lugo

Os albivermellos terán que loitar contra as matemáticas para salvarse
A escuadra lucense necesita imperiosamente elevar o seu rendemento nos próximos partidos. (Foto: LFP).
photo_camera A escuadra lucense necesita imperiosamente elevar o seu rendemento nos próximos partidos. (Foto: LFP).

O Lugo volveu perder esta pasada fin de semana, nesta ocasión ante o Vilarreal B (1-2).

A derrota, e con ela xa van 13 en 24 partidos, fai da permanencia albivemella unha proeza que mesmo desafiaría as matemáticas. 

Porque, sen contar a actual, nas súas 11 tempadas de traxectoria na categoría de prata nunca tivo que salvar a categoría afrontando un escenario tan negativo no último terzo de competición. 

O espello no que mirarse para lograr a salvación é o do Córdoba da campaña 2017/18

De feito, desde que o Lugo subira na 2012/13 tan só un conxunto na súa situación actual foi quen de lograr a permanencia.

Ese espello no que deben mirarse os xogadores albivermellos é o do Córdoba da campaña 2017/18. 

Por aquel entón, os califas levaban só 19 puntos logo das 24 primeiras xornadas, pero tras perder tamén na 25 e na 26 a directiva decidiu confiarlle a dirección do equipo a José Ramón Sandoval, que comandou unha remontada na que se fixo con 32 dos últimos 48 puntos en xogo para rematar a Liga na décimo sexta posición 

Comentarios