Dépor, Celta B e Racing de Ferrol definen equipos

Ás espera de novidades no Pontevedra, o Dépor, Celta B e Racing de Ferrol anuncian poucos reforzos e moita canteira nesta tempada.
O Dépor non anuncia grandes fichaxes (Foto: RC Deportivo).
photo_camera O Dépor non anuncia grandes fichaxes (Foto: RC Deportivo).

O movemento de fichaxes e reforzos das canteiras chega tamén á Primeira RFEF. O Deportivo conta con doce futbolistas do equipo que  dispoñen de contrato e sete reforzos, entre os que figuran os retornados Valín e Gandoy que xogaron cedidos o pasado curso. Por áreas, a portaría semella estábel con Mackay, Brea e Edu Sousa.

Diante, na defensa, aínda hai dúbidas como a posíbel volta de Antoñito, a continuidade de Celeiro e a suba de Barcia do Fabril. Continúan os centrais Lapeña, Jaime, Trilli, Héctor ademais de Álex Bergantiños

As novidades veñen no mediocampo coa incorporación de Isi Gómez e Olabe. A maiores volve o  canteirán Gandoy. Aínda sen confirmar, faltaría un terceiro dianteiro que sumara a liña de ataque de Victor Narro e Gorka Santamaría. Á espera da súa oportunidade, desde a canteira agardan quenda xogadores como Alberto Benito, Valín, Lapeña ou o mesmo Víctor García

O Celta B sen fichaxes

Pola banda do Celta B, con Claudio Giráldez á fronte aínda que non foi presentado oficialmente, chegan dez canteiráns e ningunha fichaxe no horizonte. O técnico porriñés, que dirixiu a pasada tempada á Xuvenil División de Honra, perde parte dos xogadores da tempada pasada. O novo adestrador incorporará seis futbolistas que coñece ben: Manuel Fernández, Tincho Conde, Hugo Sotelo, Damián Rodríguez, David da Iglesia e Hugo Álvarez

Continuidade no Racing de Ferrol

O Racing de Ferrol, pola súa parte, aposta por repetir equipo. O seu director deportivo, Carlos Mouriz, e o técnico, Cristóbal Parralo, traballan coa idea da continuidade e seguirán Gazzaniga, Diego Rivas, Joan Salvá, Álex López, Dani Nieto, David Castro, Quique Fornos, Pep Caballé, Fran Manzanara, David do Pozo, Héber Pena, Luís Chacón e Jon García

Seguen pendentes as renovacións de Joselu e Fernando Pumar aínda que se dan por seguras segundo fontes do propio club. En relación aos reforzos, polo de agora están o central Tomás Bourdal, o dianteiro Manu Xusto, o extremo dereito Carlos Vicente, o medio centro defensivo Jesús Bernal e o lateral Brais Martínez.

Comentarios