O campo de billarda de Nantes, en Sanxenxo, presenciou a inauguración da temporada 2022-23 da Liga Atlántica de Billarda. Dentro da conferencia Rías Baixas, a competición comezou homenaxeando dúas xogadoras centenarias, Vanessa de Gharaboto e Tania de Valpaços Terra Quente.
Os equipos máis reforzados lideraron a clasificación. Desta maneira Corredoiras levouse o triunfo con 82 puntos, seguido de Lúa con 72 puntos.
O gañador individual da xornada en infantil foi Óscar Caldas de Armadiña de Combarro e en categoría feminina Adriana de Valpaços Terra Quente de Vigo.
En infantil, primeiro foi o Raio Verde Xián de Lúa de Forza. A categoría de equipos femininos gañou Valpaços.
Na conferencia noroeste a xornada foi no Campo de Fútbol Monte dos Brozos de Arteixo, unhas magníficas instalacións que o Concello de Arteixo puxo a disposición da Federación Galega de Deporte Autóctono, Modalidade Billarda.
A vitoria foi incontestábel para APB da Laracha seguido de Lúa de Forza de Sanxenxo.
Gañou a xornada Lito Pena de APB e en categoría feminina foi primeira Lu de Lúa de Forza Sanxenxo. A categoría Infantil foi para Kevin de APB e por equipos é líder APB, por diante de Campo da Feira e terceiro foi Lúa de Forza.