ciclismo

A BTT 'Os Picos de Mazaricos' trae en 2024 rutas máis extensas

Está programada para o domingo 14 de abril.
O percorrido terá cinco quilómetros máis que en 2023. (Foto: Concello de Mazaricos).
photo_camera O percorrido terá cinco quilómetros máis que en 2023. (Foto: Concello de Mazaricos).

O Concellos de Mazaricos acollerá a oitava edición da súa xa clásica carreira de bicicleta de montaña BTT Os Picos de Mazaricos: Da Ruña ao Aro. Nesta ocasión a organización informou de que o día escollido para levar a cabo "unha xornada de ciclismo a través dalgunhas das paisaxes máis destacadas da Costa da Morte e da Comarca do Xallas" foi o domingo 14 de abril, regresando así ao mes no que xa se disputara durante o pasado ano 2023. 

"Esta nova edición da BTT volve pór o foco na beleza da contorna mazaricá, pois o trazado discorre na súa maior parte a través de camiños rurais e forestais de grande valor paisaxístico e natural", explica, apostilando que a proba une, ademais, "as dúas grandes alturas mazaricás, como son o alto da Ruña, cos seus 646 metros de altitude, e o monte Aro, con 550". 

Con respecto ao percorrido, en 2024 contará con dúas rutas distintas: unha curta, de 40 quilómetros, e outra algo máis longa, que alcanzará os 50, o que supón un incremento de cinco quilómetros en cada unha delas sobre o de 2023.

A proba será cronometrada, mais adoptará un carácter non competitivo, aceptando a participación de calquera persoa que conte con máis de 16 anos de idade. As inscricións abriranse oficialmente dentro de seis días, o 5 de febreiro, sexta feira.

Comentarios