Australia deporta a Djokovic

O tenista non poderá defender o título no Aberto de Australia xa que terá que abandonar o país.
Novak Djokovicnunha sesión de adestramento. (Foto: AAPIMAGE / DPA)
photo_camera Novak Djokovicnunha sesión de adestramento. (Foto: AAPIMAGE / DPA)

O tenista serbio Novak Djokovic perdeu, finalmente, o recurso contra a decisión do Goberno australiano de revocarlle o visado por segunda vez. Os tres xuíces da corte federal decidiron por unanimidade a expulsión do país do xogador serbio.

Djokovic non poderá defender o título no Aberto de Australia

Así, Djokovic non poderá defender o título no Aberto de Australia xa que terá que abandonar o país. Ademais, o serbio enfróntase a unha prohibición de regresar durante tres anos, agás excepcións que poderían incluír «circunstancias imperiosas que afectan os intereses de Australia».

O tenista mostrou a súa decepción pola decisión dos xuíces nunha breves declaracións nas que explica que tomará un tempo “para descansar e recuperarme” antes de comentar a súa situación.

A polémica do serbio comezou a pasada semana, cando as autoridades policiais lle impediron a entrada ao país por non cumprir os requisitos de entrada no que atinxe ás medidas de contención da pandemia, dado que Djokovic rexeitou vacinarse.

Porén, nun primeiro intre Australia concedéralle ao serbio unha exención médica para poder participar no torneo malia non estar vacinado, aínda que finalmente esa exención foi rexeitada polo Executivo australiano.

Comentarios