A Xustiza négalle ao dianteiro galego Joselu 275.000 euros por 36 días de traballo

Dá a razón ao seu antigo equipo, o Alavés.
O dianteiro galego Joselu, na tempada 2022. (Foto: EP).
photo_camera O dianteiro galego Joselu, na tempada 2022. (Foto: EP).

O Xulgado do Social número 1 de Vitoria (Euskadi) desestimou esta quinta feira a demanda do dianteiro galego Joselu Mato -actualmente no Real Madrid- ao Alavés, conxunto no que militou entre os anos 2019 e 2022, e na que lle reclamaba unha indemnización de máis de 275.000 euros pola finalización do seu contrato, segundo un comunicado do equipo babazorro.

"Notificouse ao Deportivo Alavés a sentenza pola denuncia de Joselu na que esixía  unha compensación pola finalización do seu contrato a razón de 12 días por ano traballado, é dicir, 36 días por toda a duración do seu contrato, e que ascendía a máis de 275.000 euros máis intereses", informou.

A Xustiza defendeu a súa decisión argumentando que "a fin do contrato non procedeu da vontade do club, senón da decisión do futbolista de abandonalo". "Iso, a pesar de contar coa posibilidade de prorrogarse automaticamente por unha tempada máis", razón pola cal "o xogador renunciou contractualmente á indemnización posteriormente reclamada".

Neste sentido, tivo en conta "o gran esforzo económico, dada a importancia do dianteiro a nivel deportivo", de realizarlle "unha importante oferta de renovación por dúas tempadas máis".

Comentarios