mércores 20/10/21

Xesús Fraga, 'Premio Nacional' de Narrativa por 'Virtudes (e misterios)'

O xurado seleccionou esta obra "por mostrar cunha prosa moi coidada, no fondo e na forma, a historia de dúas xeracións de mulleres valentes dunha familia en tempos hostís, e que se penetra nun relato sobre a emigración galega en Inglaterra e América".
xesus fraga

O xornalista Xesús Fraga foi recoñecido no Premio Nacional de Narrativa pola súa obra 'Virtudes (e misterios)'. O galardón, concedido polo Ministerio de Cultura e Deporte, está dotado con 20.000 euros.

O xurado seleccionou esta obra "por mostrar cunha prosa moi coidada, no fondo e na forma, a historia de dúas xeracións de mulleres valentes dunha familia en tempos hostís, e que se penetra nun relato sobre a emigración galega en Inglaterra e América".

"Con esta novela contemplamos a inmigración, cos seus claros e escuros, desde as súas dúas beiras, a dos que marchan e a dos que quedan e tamén desde o punto de vista dos que viven dacabalo entre dous mundos", engadiu o xurado

"Con esta novela contemplamos a inmigración, cos seus claros e escuros, desde as súas dúas beiras, a dos que marchan e a dos que quedan e tamén desde o punto de vista dos que viven dacabalo entre dous mundos", engadiu o xurado.

Xesús Fraga, nacido en Londres en 1971, estudou Xornalismo na Universidade de Salamanca e é redactor do diario La Voz de Galicia. Como escritor en lingua galega, cultivou tanto o relato, A-Z, como a novela, Solimán, e a narración xuvenil, Reo.

Traduciu o galego e o castelán libros de Julian Barnes, Vladimir Nabokov, Jack Kerouac, Anne Fine, Roald Dahl, Edith Nesbit, Sylvia Plath e Robert Macfarlane, entre outros.

Como lembra Biosbardia, Fraga é o primeiro autor en gañar este premio en galego desde que Suso de Toro o lograse en 2003 con Trece badaladas

En 2020, o escritor e crírtico literario Mario Regueira escribía  para Sermos Galiza sobre esta obra: "Virtudes (e misterios) desvélanos parte do seu contido no título. Virtudes é a avoa de Xesús Fraga, e a súa historia como esposa abandonada cabería naquel "viúva de vivo" que se dicía nos tempos de Rosalía". 

"O seu home marcha a Venezuela e deixa de dar novas aos poucos anos, coincidindo coa decisión dela de abordar tamén a aventura da emigración noutro país. Virtudes, que axiña será mellor coñecida como Betty, chega a Londres nos anos sesenta. Faino aventurándose nas contradicións coa lexislación franquista (para a que unha muller soa non ten apenas dereitos, tampouco o de migrar) e comeza con iso, case sen sabelo, unha longa relación co país británico que acabará marcando a toda a súa familia.

Xesús Fraga, 'Premio Nacional' de Narrativa por 'Virtudes (e misterios)'
comentarios