Vence chama a Alonso Montero "bocazas petulante" e atribúe as súas declaracións sobre o BNG ao seu "sectarismo antinacionalista"

“O seu sectarismo antinacionalista traizóao” dixo Xavier Vence a respecto das recentes declaracións de Alonso Montero sobre o BNG. O presidente da RAG afirmou que o Bloque "é como esas nais que queren moito aos nenos pequenos que os apretan tanto que os abafan”

Xavier Vence no Foro Cívico
photo_camera Xavier Vence no Foro Cívico

O portavoz nacional do BNG cualificou o novo presidente da RAG de “bocazas petulante” despois de escoitar a entrevista que no día de onte emitiu Vtelevisión. “Alonso Montero evidenciou un complexo clasista en relación ao galego, con conceitos de home rancio e anticuado, un auténtico bocazas petulante, e que destila certa misoxinia ao facer símis sobre nais abafantes”, sinalou ao tempo que lamentaba que “estando onde está faga afirmacións tan irrespectuosas” 

Criticou a actitude partidista do novo presidente da RAG -militante do PCE, partido integrado en AGE- e mostrou o seu desexo de que o partido político no que milita e os seus socios políticos o desautoricen “por unhas descualificacións que a ninguén benefician”.  Xavier Vence animou á Academia “a estar vixiante e a velar polos intereses do galego e polo desprestixio social do noso idioma”. Vence fixo estas declaracións no Foro Cívico en A Coruña, onde se pronunciou sobre a decisión do Tribunal Constitucional de suspender a declaración soberanista catalana. 

Comentarios