O vigués Gonzalo Suárez Garayo estrea este sábado na Seminci o seu documental 'A cero.5'

O filme conta a súa propia historia no  club vigués de baloncesto en cadeira de rodas Amfiv
Unha escena do filme 'A cero.5'.
photo_camera Unha escena do filme 'A cero.5'.

O director vigués Gonzalo Suárez Garayo estreará este sábado, 23 de outubro, o seu documental autobiográfico A cero.5 na Semana Internacional de Cinema de Valladolid (Seminci).

Suárez Garayo quere ser director de cinema, pero en novembro de 2006 a súa vida párase. E comeza a historia da súa longametraxe. Empeza a practicar baloncesto en cadeira de rodas para non estar só, para seguir a súa rehabilitación que o Estado dá por acabada, e para que a súa película avance.

No famoso club vigués de baloncesto en cadeira de rodas Amfiv, Suárez Garayo "atopa a espectacularidade dos choques entre as cadeiras, as aparatosas caídas, as acaloradas protestas, o cheiro da goma queimada, a velocidade, a dureza, o estalido das rodas, a enorme competitividade e o compañeirismo".

Gonzalo Suárez é realizador, director e guionista en traballos como: HGC 14/02/04 e Como ser G.S. Traballou como docente na Escola Galega de Cinema, a Escola de Imaxe e Son de Vigo, a Escola Audiovisual de Vigo e, actualmente, é director do Festival de Cinema Inclusivo de Vigo, que vén de celebrar a súa sexta edición.

Comentarios