Stop motion para animar o Museo

Stop motion dixital no Museo do Pobo Galego. A proposta pode sorprender mais así é, unha das novas iniciativas do dinámico departamento de actividades do centro que ten sede en San Domingos de Bonaval. 

Canda a tradición dos aparellos propios da artesanía ou dos oficios, o mundo dixital entra no Museo do Pobo Galego na nova edición das “Olladas sobre o Museo”, unha iniciativa na que cada ano convidan a profesionais de distintos ámbitos a mirar o centro e compartir a súa mirada. Adriana P. Villanueva e Sabela Iglesias, de Illa Bufarda, serán as encargadas de facer de guías polo centro. 

Con moreas de proxectos no sector audiovisual, Illa Bufarda é unha iniciativa nova que naceu en 2012 e traballa pola promoción e divulgación da cultura en soprotes dixitais. Con música en directo das Boubas, a través de stop motion dixital, 2D ou collage construirán a súa ollada animada sobre os obxectos das salas de exposicións do Museo do Pobo. A visita “dixital” será a sexta feira día 8 en dous pases,  ás 19 e ás 20 horas. A entrada será gratuida até completar o aforo.

Comentarios