Que Facer?

Sés e Pedro Abrunhosa, este sábado no III Encontro Minho-Galiza en Tomiño

Abrunhosa
photo_camera Abrunhosa, ao vivo

  • Sexta Feira.

O curral de Cocoricoricó
Alfoz 
Biblioteca Pública Municipal
11.00h
Charo Pita achéganos un novo espectáculo de narración oral, estimulante para as crianzas de cero a tres anos. 

  • Sábado.

 

III Encontro Minho-Galiza
Tomiño
Auditorio de Goián 
11.00-19.00h
Un encontro para traballar a interculturalidade a través da música e para coñecer a identidade da lingua, coa presenza e participación de Sés e do portugués Pedro Abrunhosa

Gala benéfica 
Cangas
Auditorio Municipal
20.30h
“Polos refuxiados mollámonos todos” é unha gala solidaria que conta coas actuacións de Wai Trio, Poetarras, Altra, The Gorrillas Manoel Band e Ludovaina.

  • Toda a finde

Xente anónima con nome propio
Carballo
Pazo da Cultura
Até o 23 de abril
17.00-21.00h 

“Asunción, María e José. Xente anónima con nome propio” é unha exposición do fotógrafo carballés Marcos Rodríguez. Un repaso polos nove anos de traballo percorrendo casas e costumes da veciñanza da Costa da Morte, captando as experiencias da vida a través dos rostros dos seus protagonistas, homes e mulleres da comarca. Unha merecida homenaxe.

Marcopola, a illa comiqueira
Pontevedra
Pazo da Cultura
Dentro das actividades do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra podemos atopar unha exposición dedicada á serie de banda deseñada Marcopola, a illa remeira de Jacobo Fernández. Na mostra veremos debuxos desta serie de cómics onde se narran as aventuras vividas por Marcopola, unha illa nómade que se despraza en busca de novos mundos por descubrir.

A mar a mares
San Sadurniño
Casa do Concederlo
Até o 30 de abril
Unha serie de fotografías que teñen como fío condutor o mar compoñen a presente mostra, de diferentes autores, organizada polo Grupo Bazán.

Feiras do Libro
Verín
Praza da Merced
10.00-20.00h
Voltan ás nosas rúas as mellores novidades editoriais, recitais, música e outras actividades como presentacións por parte das autoras e autores. 


 

Comentarios