Concerto das Letras Galegas

A Real Filharmonía homenaxeará Francisco Fernández Del Riego

O Consello da Cultura Galega (CCG), a área de Cultura de Afundación e a Real Filharmonía da Galiza (RFG) presentaron a décimo terceira edición do Concerto das Letras Galegas. O programa xira musicalmente arredor da figura homenaxeada neste 17 de Maio, Francisco Fernández del Riego. 
Francisco Fernández del Riego. (Foto: RAG)
photo_camera Francisco Fernández del Riego. (Foto: RAG)

O Consello da Cultura Galega (CCG), a área de Cultura de Afundación e a Real Filharmonía da Galiza (RFG) presentaron na segunda feira a décimo terceira edición do Concerto das Letras Galegas. O programa xira musicalmente arredor da figura homenaxeada neste 17 de Maio, Francisco Fernández del Riego

A música correrá a cargo da RFG e do Coro de Cámara Rías Baixas e no programa destaca, como vén sendo habitual, a estrea de Sinfonietta.

Homenaxe musical

O concerto decorrerá no serán do 16 de maio, véspera do Día das Letras, no Teatro Afundación de Vigo, sendo a segunda vez na súa historia que esta celebración recae na cidade olívica.

Comezará coa Suite Vigo do compositor ponteareán Reveriano Soutullo. Deseguido, Concerto Grosso, escrito en homenaxe a Bach polo lucense Jesús Bal e Gai, nunha clara conexión entre o papel de Del Riego e o que se estaba a escoitar naquel entón. A terceira peza é a estrea de Sinfonietta, de tres movementos e elaborada expresamente para a ocasión polo vigués Brais González Pérez a partir de textos de Salvador García Bodaño e Xaime Illa Couto, e mais A miña burriña, peza moi querida por Francisco del Riego. 

Segundo explicou onte o propio Brais González, Sinfonietta "ten dous movementos corais e un instrumental e están moi vencellados a don Paco [por Del Riego] a través da música e dun dato biográfico, que é o feito, como el mesmo ten declarado en numerosas ocasións, de que a súa melodía popular favorita é A miña burriña". "É un canto a don Paco e á Galiza", apuntou.

Comentarios