26 de novembro na Coruña

Poesía cubana e da Fonsagrada en Poetas Di(n)versos

A penúltima sesión do ciclo Poetas Di(n)versos achega á Coruña a obra de dúas autoras procedentes de xeografías opostas, pero creadoras de poemas rebeldes, desafiantes. O cubano Víctor Rodríguez Núñez e a fonsagradina Xiana Arias estarán a segunda feira, 26 de novembro, no Centro Ágora para amosar a súa obra.
 

Víctor Rodríguez-Núñez
photo_camera O poeta cubano Víctor Rodríguez Núñez. Foto: Di(n)versos.

Arias (A Fonsagrada, 1983), xornalista de profesión, é tamén baixista da banda de pop bretemoso Atrás Tigre. Como poeta publicou Ortigas (Espiral Maior, 2006) e Acusación (Galaxia, 2009), libros agrestes, en carne viva, que delimitaron territorio propio dentro da poesía galega dos primeiros anos do século.

A Víctor Rodríguez Núñez (A Habana, 1955), catedrático universitario en Estados Unidos (USA), correspondeulle o prestixioso premio Loewe por despegue (Visor, 2016). A obra contén unha ollada crítica, escrta arborescente, pensamento inconformista. Publicou 16 libros de poemas e a súa obra figura en nove linguas diferentes.

Xiana Arias

A lectura será ás 20.30 horas. No Ágora haberá, como é habitual no ciclo do Concello da Coruña dirixido por Yolanda Castaño, un posto de libros das escritoras convidadas fornecidos por unha libraría próxima.

A derradeira sesión do ano de Poetas Di(n)versos será o 17 de decembro. Participarán Antón Reixa (Vigo, 1957) e Bernardo Atxaga (Asteasu, 1951).

Nota: a poeta Xiana Arias, nunha imaxe facilitada por Poetas Di(n)versos.

Comentarios