QUE FACER?

Música, teatro, poesía e curtas para esta fin de semana

Esta fin de semana chega carregada de ofertas para o teu lecer. Cantos na Maré ofrece diferentes encontros a carón de artistas como o angolano Paulo Flores e a alentexana Celina da Piedade. Sés estará presentando o seu novo álbum en Narón. En Compostela, Yolanda Castaño ofrecerá un novo recital poético multimedia. E, para as crianzas, non faltará teatro, música e un festival de curtas con obradoiros incluídos!

 

Sexta feira

Cantos na Maré: actividade complementaria

Pontevedra

Libraría Paz

20.00h

O artista angolano Paulo Flores ofrecerá unha charla/ bate-papo centrada no Semba, unha das danzas e xéneros máis populares de Ángola.

Cantos_na_Maré

Viaxando entre contos

Lugo

Biblioteca Pública

18.00h

A cargo de Chespir teatro, contos cheos de sons e cores para que os bebés sintan multitude de sensacións. Para crianzas de 0 a 3 anos.

Cu-cú, tas-tás

Arteixo

Auditorio do Centro Cívico Cultural

18.00h

Espectáculo visual e musical infantil que xoga con conceptos sinxelos de opostos, para traballar a capacidade de atención das crianzas.

A OSG e Xabier Mariño

Estrea absoluta de Paisaxes Escuras

A Coruña

Palacio da Ópera

20.30h

Estrea absoluta da obra Paisaxes Escuras, do compositor galego Xabier Mariño, coa Orquestra Sinfónica de Galiza, dirixida por Ilan Volkov.

 

Sábado

Cantos na Maré: actividade complementaria

Pontevedra

Bar Gramola

13.00h

Obradoiro de Canto alentexano a cargo da artista Celina da Piedade, unha das voces máis destacadas do panorama lusófono.

Recital poético multimedia de Yolanda Castaño

Santiago de Compostela

Biblioteca de Galiza

18.30h

Diálogo entre a linguaxe audiovisual e as novas tecnoloxías a cargo de Yolanda Castaño, unha das poetas máis coñecidas. Un recital de textos acompañado da proxección de breves vídeopoemas con bases musicais, configurando un novo e atractivo xeito de comunicar os seus versos, nunha posta en escena moderna. Para mocidade e adultos, a partir de 14 anos.

O secuestro da bibliotecaria

A Rúa

Centro Cultural Avenida

14.01.2017

Espectáculo infantil a cargo de Sarabela Teatro. Unha bibliotecaria raptada e un brote de varíola entre a banda de secuestradores complica a situación.

Ses

Narón

Pazo da Cultura

20.30h

Concerto presentación do seu cuarto traballo, Opoñerse á extinción, disco que vai do rock ao blues pasando pola canción de autor latinoamericana.

O afiador

Ortigueira

Teatro da Beneficencia

20.30h

Espectáculo de maxia do Mago Teto. Maxia e teatro, cunha roda de afiador dos anos 30 e elementos típicos dos afiadores como coitelos, tesoiras...

PequeFilmes

Santiago de Compostela

Museo Centro Gaiás

Até domingo

Chega o primeiro festival de curtas infantís de Galiza. Proxectaranse un total de 40 curtametraxes de animación, con catro títulos galegos: O Xigante, Einstein-Rosen, Curricán e Fruit Island. As curtas están destinadas a dúas franxas de idade: de 5 a 8 anos e de 9 a 12 anos. Ademais, ofrecerán catro obradoiros diferentes para as crianzas se divertiren ao tempo que coñecen o mundo da sétima arte.

Domingo

Cuarto dos desexos

Vigo

Galería Lab In

Até 15.01.2016

Unha exposición colectiva de arte contemporánea en que se reúne o mellor da produción anual da galería, composta por artistas galegos ou vinculados a Galiza. A mostra inclúe pezas únicas e inéditas de Ana Soler, Marina Núñez, Vicky Uslé, Amaya González Reyes e Jorge Perianes, ademais de obra en papel de Rosa Neutro, Irene Cruz, entre outros.

O lobo e a lúa

Pontevedra

Teatro Principal

15.01.2017

12.00h

Espectáculo infantil de Baobab Teatro. Premio Barriga Verde, a obra conta a historia dun lobo que chama pola lúa. Para crianzas a partir de 3 anos.

Comentarios