Que facer?

Música, cinema e contos adaptados de María Victoria Moreno, na axenda da fin de semana

mulheresdaraia
photo_camera Un plano de "Mulheres da raia"

V + Que Jazz Festival

A Coruña

Garufa Club/ Jazz Filloa

Sexta feira e sábado

22.00h/23.00h

Un festival que achega o jazz ao gran público, cun cartel ecléctico que inclúe desde propostas clásicas a fusión con músicas de todo tipo.

 

Música indie folk con Caxade

Carballo

Praza do Concello

Sexta feira

22.30h

Caxade presenta o seu último traballo, “E isto é o amor”, un álbum recoñecido co premio Martín Códax da Música, imprescindíbel para as persoas amantes da música indie folk.

 

Cinema no xardín

Pontevedra

Rosalía de Castro. Liceo Mutante

Sexta feira

22.30h

O xardín da asociación cultural Liceo Mutante acolle a proxección de Mulleres da Raia e Palmira (2009 e 2017, 42 e 30 min.) nun evento no que tamén participará a directora, Diana Gonçalves. Mulleres da raia é unha viaxe ao pasado máis recente nas fronteiras do norte de Portugal e Galiza, e Palmira érguese como a memoria dun corpo canso e resistente, un retrato do nós-muller.

 

Compostela É! Música

Compostela

Praza do Toural

Sexta feira

23.00h

Ábrese o ciclo cun concerto de Liridade Noctámbula, un proxecto musical e artístico protagonizado polos seis poemas galegos de Federico García Lorca.

 

VII Festival Aturuxo

Ourol

Santiago de Bravos

Sexta feira e sábado

Ademais de xogos populares, ruadas e obradoiros de instrumentos, no festival actuarán grupos galegos como Os Carecos, Monolious DOP, NAO ou Ruxe Ruxe.

 

 

Mar adiante! Filipa cos contos

Ribas de Sil

Anfiteatro Praia fluvial San Clodio

Domingo

20.00h

No ano de María Victoria Moreno, a compañía Bandullo Azul e Fran Campos propoñen este espectáculo infantil a través de contos adaptados da súa obra narrativa Mar adiante.

Comentarios