QUE FACER?

A música ao vivo abre a finde: Radio Cos esta sexta feira e Sés, o sábado

Radio Cos
photo_camera Radio Cos
  • Sexta Feira

 

Radio Cos ao vivo

Vigo

Auditorio do Concello de Vigo

21.00h

Radio Cos, a banda tradicional galega de música, ten xa novo disco, titulado ‘Pasatempo’, o cal presentarán neste concerto en directo.

  • Sábado

 

Sés en concerto

Vigo

Auditorio Mar de Vigo

21.00h

Continúa a xira de concertos de presentación de Opoñerse á extinción, cuarto e último traballo discográfico de Ses.

Concerto Magín Blanco no Ganapán 

Pontevedra

O Ganapán

12.00h

Inauguración co concerto ‘Todos somos ganapáns’ de Magín Blanco, destinado ao público infantil e con actividades lúdicas e didácticas.

  • Domingo

 

Menú do cocido

Lalín

Salón Teatro

19.30h

Os protagonistas serán Carlos Blanco, Eladio Santos, Celso Fernández Sanmartín, a música de Guadi Galego e os debuxos de Luis Davila. 

Domingos de Teatro

Pontevedra

Teatro Principal

12.00 e 18.30h

Danza contemporánea, creación de vídeo e multimedia. Amagatall narra unha historia de aventuras entre pais e unha filla que voa nun globo.

  • Toda a finde

 

Xosé Cobas, a ilustración compartida

A Coruña

Kiosco Alfonso

Até 12 de febreiro.

A presente exposición recolle o traballo como ilustrador de Xosé Cobas (Negreira, 1953), unha escolma en que se inclúen desde as capas e imaxes interiores até marcapáxinas ou carteis que o artista creou en todo tipo de actividades editoriais e literarias. A mostra segue un percorrido cronolóxico, facendo fincapé nos seus álbums máis recoñecidos.

Cen retratos por Carlos Maside

Santiago de Compostela 

Casa do Cabido

Até 20 de marzo.

A exposición reúne retratos que o artista Carlos Maside, durante os anos 20 e 30 do pasado século, fixo de diferentes personaxes. Realizados a lapis, pluma ou tinta sobre papel; xunto a dous gravados, un de Castelao e un autorretrato do propio autor. Exhíbense máis curiosidades, como fotografías do pintor, libros e documentos que narran a súa traxectoria. 

XVII Mostra de Teatro Clásico

Lugo

Auditorio Municipal Gustavo Freire

Até 19 de marzo

O Festival inclúe unha sección oficial, actividades na rúa e espectáculos de pequeno formato en diferentes lugares da cidade, ademais do auditorio.

XIII Festival Isto ferve

Vigo

Teatro Ensalle

Até 19 marzo

O festival de teatro e danza propón cinco obras, cada unha delas terá tres datas de representación en sexta feira, sábado e domingo.

Comentarios