Alberte Pagán leva o premio á mellor curta galega con 'Uluru'

'Monelle', do italiano Diego Marcon, gaña o Festival Curtocircuíto

A décimo quinta edición do Festival Curtocircuíto pechou este domingo coa entrega de premios. Monelle, un filme do italiano Diego Marcon levou o principal galardón, Explora. “Circular e sen narrativa nin xerarquía, sen comezo nin fin”, a curta evolúe arredor da Casa do Fascio en Como. Gañou os 3.000 euros da categoría.
 

gañadores e equipo curtocircuíto - foto Aigi Boga
photo_camera Foto dos gañadores e o equipo de Curtocircuíto 2018. Foto: Aigi Boga / Curtocircuíto.

Houbo, ademais, dúas mencións, para Sombra luminosa -dos portugueses Francisco Queimadela e Mariana Caló- e para Word for Forest -da danesa Pia Rönicke. O premio Galiza, que recoñece a mellor obra galega das tres seccións competitivas, acadouno o cineasta Alberte Pagán, un dos expoñentes máis radicais e arriscados do cinema nacional.

PREMIO GALIZA_ULURU

Uluru é, segundo o xurado, unha peza “de linguaxe contundente e provocadora que fai un exercicio de liberdade” elaborada a partir de imaxes da rocha Uluru, en Australia. Amais deos 2.000 euros obtidos por Pagán, houbo distincións para A nena azul, de Sandra Sánchez.

Na terceira das categorías con concurso, Radar, o vencedor foi Solar Walk, da directora húngara Réka Bucsi. “Destaca pola súa sensibilidade e a súa riqueza formal, pola súa capacidade para visualizar os grandes problemas da existencia con humor tenrura e sinxeleza”. Tamén dotado con 3.000 euros, o Radar  mencionou tamén Las fuerzas, da arxentina Paola Buontempo, e Proch, do polaco Jakub Radej.

O xurado de Explora compuxérono a cineasta Jessica Sarah Rinland, o director do Festival de Marsella Jean-Pierre Rehm e o programador António Rodrigues. O de Radar, o investigador Aarón Rodríguez, a sonidista Amanda Villavieja e o cineasta Kikol Grau. O de Galiza, o actor Antonio Durán, Morris, a cineasta Keina Espiñeira e o artista Misha Bies Golas.

Outros premios de Curtocircuíto 2018

Premio Penínsulas á mellor curtametraxe nacional
Mi amado, las montañas, de Alberto Martín Menacho


Mención especial do xurado Penínsulas
Los desheredados, de Laura Ferrés


Premio do Público á mellor curtametraxe
592 metroz goiti, de Maddi Barber


Premio do Xurado Novo á mellor curtametraxe
Monelle, de Diego Marcon


Mención especial do Xurado Novo
Saladdin castique, de Anssi Kasitonni


Premio CREA á Mellor Dirección Galega
A nena azul, de Sandra Sánchez


Mención especial do Xurado CREA
The Film Machine, de Sonia e Miriam Albert-Sobrino


Premio AGAG ao Mellor Guión Galego
The Film Machine, de Sonia e Miriam Albert-Sobrino


Premio CAMIRA á Mellor Curtametraxe
Wishing Well, de Sylvia Schedelbauer


Mención especial do Xurado CAMIRA
Mountain Plain Mountain, de Yu Araki e Daniel Jacoby


Premio Outra Compostela
Camiño interno, de Ada Alonso Lourido, Martiño Fernández Xove, Iago Díaz Iglesias, Martín Mondragón Rivadulla e Aida Raíndo Vázquez


Mención especial Outra Compostela
Síndrome de Jerusalén, de Arantxa Ramos Ponte, Natalia Pereira Fery, Antía Piñeiro Añón e Aldara Suárez Miguéns

Nota: fotograma de Uluru, de Alberte Pagán.

Comentarios