Entre o 28 e o 30 de novembro

Manuel Rivas protagoniza a Festa da Palabra en Foz

Hai dous anos que a asociación cultural A Pomba do Arco recuperou a Festa da Palabra en Foz, ciclo de lecturas que procura achegar ao público as autoras e autores da literatura galega "e de xeito particular a minorizada linguaxe poética". Desta volta, o protagonista será Manuel Rivas (A Coruña, 1957), talvez o máis recoñecido escritor galego vivo dentro e fóra do país.
 

Manuel Rivas
photo_camera O escritor Manuel Rivas. Foto: cedida.

A quinta feira 30 de novembro, a partir das 20.30 horas no salón de actos do Cenima de Foz, Rivas ofrecerá un recital de poemas. Aínda que a súa obra narrativa é a que lle deu máis sona, a súa carreira comezou na poesía, xénero que continúa practicando. O último mangado de poemas que publicou en libro foi A boca da terra (2015). Ningún cisne (1989), Costa da Morte Blues (1995) -reunidos xunto ao resto da súa obra ate o 2003 en Do descoñecido ao descoñecido- ou A desparición da neve (2009) son outros dos seus títulos poéticos.

Esa mesma xornada tamén estará Miriam Ferradáns (Bueu, 1982) pechará a Festa da Palabra a quinta feira, 30 de novembro. Gañadora de importantes premios literarios, publicou as súas primeiras obras neste ano: Deshabitar unha casa (premio Francisco Añón) e Nomes de fume (premio Pérez Pallaré e con cuberta do artista mariñao Daniel Caxigueiro). Consolídase así como unha das voces máis activas na renovación última da poesía galega.

O cilclo inciarase a cuarta feria, 29 de novembro, co poeta Daniel Salgado (Monterroso, 1981). Autor de numerosos libros -por exemplo Éxodo (2006), Dos tempos sombrizos (2013) ou ensaios (2015)-, a súa obra sucede onde se cruzan historia e linguaxe. Aparece recollida en varias antoloxías. Será ,as 20:30 horas no salón de exposicións do Cenima.

Comentarios