Que facer?

Magostos e castañas asadas para esta fin de semana

Esta fin de semana gañan protagonismo os magostos! Chegan cargados de castañas asadas, cogomelos, obradoiros e diversas actividades para toda a familia. Ademais, tamén contaremos con teatro, música, literatura e exposicións para paliar estes días de choiva. 

_castana_e_o_cogomelo_de_rios

SEXTA FEIRA

Exposición Prego de Oliver

Ourense

Sala de exposición Afundación

Trátase dunha exposición sobre a figura e a obra plástica de Manuel Prego de Oliver, enmarcada no proxecto Prego 100 anos. Con máis de 300 obras coas que descubrir ao artista que destacou na arte galega no século XX. As obras expostas mostran as diferentes etapas que atravesou, desde o bosquexo até chegar á obra final gráfica, a acuarela, o debuxo e a ilustración. A exposición estará aberta até o 13 de novembro de 2016. 

Rubicundo, de Ghazafelhos

Ames 

Casa da Cultura do Milladoiro

18.30h

Títeres, música, poesía, acrobacias... Unha mestura de xéneros para contar unha fermosa historia sobre a amizade, destinada ao publico familiar.

IX Pontedetapas

Pontevedra

Diversos locais

Comeza unha nova edición do roteiro de tapas polos establecementos hostaleiros de Pontevedra, un percorrido óptimo para degustar petiscos e coñecer a cidade. Até o 20 de novembro de 2016.  

SÁBADO 

Festa da Castaña e do Cogumelo

Riós

Centro de Interpretación da Castaña

De sábado a domingo realízase a Festa da Castaña e do Cogumelo, declarada de Interese Turístico na Galiza. A festa conta con diversas actividades de tipo cultural e gastronómico para divulgar as características da economía agropecuaria da zona. Teñen programadas charlas informativas sobre os castiñeiros, saídas micolóxicas, concurso gastronómico da castaña e do cogomelo, concurso fotográfico e casetas expositivas con produtos artesáns da zona, embutidos, carne ecolóxica... 

Ana Moura

Santiago de Compostela

Auditorio de Galiza

21.00h

A fadista portuguesa máis internacional volta a Compostela para dar un concerto onde presentará ao público galego o seu novo álbum, Moura

Festa do Outono 

A Estrada

Couso

16.00h

Esta nova edición vén cargada de actividades e obradoiros para toda a familia: recollida de cogomelos, creación de cestos, contacontos e foliada. 

DOMINGO 

Beleza, amor e compromiso

Ferrol

Biblioteca Pública Municipal Central de Ferrol 

Exposición e mostra divulgativa que xira en torna a vida e a obra de Manuel María, autor homenaxeado nas Letras Galegas neste presente ano. Aberta até o 15 de novembro de 2016. 

Romaría Dos Libros de Outono

Santiago de Compostela

Carreira do Conde

12-20.30h

Romaría de libros na cal poderemos atopar, ademais de postos de libros, doces durante toda a xornada. Evento organizado por Compostela Literaria. 

Festa da Castaña

Folgoso do Courel

Souto da Carroza

11.00h

Festa declarada de Interese Turístico na Galiza, unha xornada destinada á degustación da castaña onde se inclúen actuacións musicais, diversas actividades e mostras de artesanía. 

Comentarios