Inaugurada a mostra “As 7 e 7”, un percorrido pola creación feminina galega no século XX baixo a ollada de artistas emerxentes

A exposición, comisariada por Sergio Marey, culmina o proceso creativo que as artistas iniciaron hai un mes

Sergio Marey, comisario da exposición, durante a inauguración da mostra, esta quinta feira. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Sergio Marey, comisario da exposición, durante a inauguración da mostra, esta quinta feira. (Foto: Nós Diario)

O Museo Provincial de Lugo acolleu esta quinta feira a inauguración da exposición As 7 e 7, con obras de Andrea Otero, Noa Costas Martín, Christina Chiarroni, Carmen Quintáns, Sabela Eiriz, Greta Debelius e as irmáns Noa e Lara Castro Lema.

Trátase de artistas galegas emerxentes que achegan á mostra cadansúa obra, realizadas a partir de pezas de Maruja Mallo, Xulia Minguillón, Mónica AlonsoMaría Luísa Pérez Herrero, María del Carmen Corredoira, Violeta Bernardo e María del Carmen Álvarez de Soutomaior e Castro, que forman parte das coleccións e exposicións permanentes do Museo Provincial de Lugo.

A mostra visibiliza así artistas que dan os primeiros pasos no mundo artístico, a carón doutras consagradas, pondo en valor a creación feminina galega ao longo dos séculos XX e XXI.

A exposición culmina o proceso creativo que as artistas iniciaron hai un mes, cunha visita ao Museo Provincial de Lugo na que elixiron a obra que tomarían como referencia.

O proxecto, comisariado por Sergio Marey, pretende incidir tamén na educación na arte, especialmente no relativo a arte das creadoras contemporáneas

Con esta vontade educativa e divulgativa, ao longo do mes de marzo organizaranse os obradoiros “Vendo como ver” ou “Vexo, vexo que ves” sobre a linguaxe e as técnicas da arte contemporánea, visitas guiadas e mesa redonda coas artistas “As Mulleres na Arte: retos e dificultades”, que estará moderada por Mónica Alonso.

Comentarios