Lugo analiza a influencia da diáspora na arte galega do exilio

O Museo Provincial de Lugo analizará, na xornada A arte do exilio galego no Museo Provincial de Lugo, a influencia da diáspora na produción creativa dos artistas expulsados polo golpe militar do 36.

Aurelia Balseiro e Inmaculada Real.
photo_camera Aurelia Balseiro e Iria Castro, deputada de Cultura da Deputación de Lugo.

O Museo Provincial de Lugo acollerá o 14 de decembro a xornada A arte do exilio galego no Museo Provincial de Lugo, que ten como obxectivo divulgar esta parte da nosa historia lembrando as e os artistas expulsadas polo golpe militar do 36 e a ditadura franquista e analizando a influencia da diáspora na súa produción creativa, a través dos fondos do museo provincial que conta con nas súas coleccións de belas artes con 140 obras de artistas relacionados co exilio. 

Na presentación da xornada, a deputada de Cultura Iria Castro e a directora do Museo Provincial de Lugo explicaron que “a lembranza do exilio artístico galego é un compromiso asumido e un deber para que as xeracións que non o coñeceron constaten a perda e o sufrimento que provocou no pasado século” e valoraron “a contribución do diálogo interdisciplinar para rescatar a memoria e enriquecer a investigación”. 

 

Tríptico monográfico

Coordinada por Aurelia Balseiro e Inmaculada Real, a xornada incluirá varios relatorios de profesores e profesoras universitarias e investigadoras vinculadas co tema a tratar Inmaculada Real López, Carlos López Bernárdez ou Pilar García Negro, entre outros-, con estudos e publicacións ao respecto, seguidas dunha palestra multidisplinar conxunta para extrapolar o exilio da arte galega ás coleccións do Museo Provincial de Lugo. 

No decurso da xornada, presentarase un tríptico impreso que materializa os estudos realizados cun percorrido monográfico aos fondos do exilio galego do Museo Provincial de Lugo para que as persos que visiten o múseo interesadas no tema accedan, comprendan e valoren a importancia de lembrar e identificar ese legado histórico artístico. 

A xornada completarase cunha visita guiada ás coleccións do exilio do Museo. 

Comentarios