Que Facer?

Esta fin de semana imos de gala para fechar o Ano Castelao

Xurxo Souto, 2naFronteira, Lydia Botana, Celso Parada, Limiar Teatro e Carlos Blanco co debuxante Luís Davila serán os protagonistas encarregados de fechar o Ano Castelao nun acto que decorrerá o domingo 18 en Pontevedra, no Pazo da Cultura (18 horas).

Sexta feira

Vaamonde, Lamas & Romero

Ferrol

Teatro Jofre

16.12.2016

21.00h

Unha aposta musical que o grupo bautizou como tradicomedia. Desta volta estarán acompañados no escenario pola Banda Municipal de Ferrol.

XI Festival Internacional Rebulir

Ramirás

Polideportivo do Picouto

Até 18.12.2016

Festival internacional de música étnica e tradicional que agrupa cultura, etnografía e tradición, con concerto na sexta feira de Héctor Braga.

Sábado

Teatro con Magín Blanco

San Sadurniño

Casa da Cultura

19-20.30h

Magín Blanco presenta A nena e o grilo nun barquiño, a segunda entrega das famosas aventuras da Nena e o Grilo. Na obra non faltarán cancións e diálogos divertidos a través dos que se transmiten valores necesarios como a solidariedade, o respecto da natureza, a identidade, os afectos ou a curiosidade. Unha obra indicada para crianzas de 3 a 10 anos.

Salcedo no tempo

Salcedo

Casa Verde

17.12.2016

19.00h

Péchanse as xornadas coa homenaxe ás mulleres represaliadas de Salcedo, un acto de memoria no cemiterio que rematará na Casa Verde.

Festival Treme a Terra

Pontedeume

Pista Polideportiva

17.12.2016

21.30h

Caxade, Familia Caamagno e Dakidarría serán os tres pratos fortes que conforman o cartel do festival, unha cita que acumula 17 edicións.

Gelria

Lalín

Pazo de Liñares

17.12.2016

20.30h

Cantos de poeta está conformado por poemas da lírica galega de todos os tempos, unha amálgama de tradición, jazz e música contemporánea.

Títeres Alakrán

Muros

Centro Cultural e Xuvenil

17.12.2016

18.00h

Os soños na gaiola é unha obra de monicreques para público infantil e familiar, unha homenaxe ao poeta Manuel María no seu ano das Letras.

Domingo

Gala Ano Castelao

Pontevedra

Pazo da Cultura

18.00h

anocastelaogalaXurxo Souto, 2naFronteira, Lydia Botana, Celso Parada, Limiar Teatro e Carlos Blanco co debuxante Luís Davila serán os protagonistas encargados fechar o Ano Castelao. Unha gala que achega unha proposta multidisciplinar mostrando as diversas facetas artísticas do homenaxeado, con teatro, música e humor. A asistencia será de balde, reservando previamente.

Gala da Irmandade

Santa Comba

Auditorio do Multiusos

19.00h

A Gala está articulada en torno á historia e aos persoeiros máis relevantes das Irmandades da Fala e contará coas actuacións de Caxade, Os Quinquilláns, Luís Iglesia e Xabier Deive, Maquinaria Pesada, Mónica de Nut e Ánxela Blanco, e o mago Teto.

María Fumaça

Ourense

Auditorio Municipal

12.00h

Unha viaxe en tren que leva vagóns a ritmo de muiñeira, rumba, samba, rock... Teatro infantil destinado a crianzas a partir de 3 anos.
 

O Xigante

A Coruña

Teatro do Andamio

12:30/ 18:00

Teatro infantil destinado a crianzas maiores de tres anos. A obra xurde a partir do conto de Oscar Wilde, unha peza onde a narración oral está continuamente acompañada de teatro xestual e música.

Comentarios