Fin de semana de bandas en Compostela

Arredor de mil persoas tocarán este fin de semana en Compostela, no VI Certame Galego de Bandas que terá lugar do venres 16 ao domingo 18 no Auditorio de Galiza, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares.
O Certame ten lugar en Compostela
photo_camera O Certame ten lugar en Compostela

A vitalidade da música de bandas no país quedará á vista neste fin de semana, cando en Compostela se reúnan arredor de mil músicos e músicas para partillar do VI Certame Galego de Bandas. Durante tres días desenvolverase un programa de concertos coas bandas clasificadas en tres seccións, segundo o número de participantes.

Fallarase tamén o Concurso de Composición e a Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas, composta por músicas e músicos das distintas bandas da Federación encargarase de estrear as obras gañadoras desta edición.

Máis información no n. 24 de Sermos Galiza e na páxina web da Federación Galega de Bandas 

Comentarios