Falece o artista Paco Pestana aos 72 anos

O escultor, poeta e artista multidisciplinar faleceu en Lugo de forma súbita aos 72 anos.
O artista Paco Pestana faleceu esta segunda feira en Lugo aos 72 anos (Foto: Deputación de Lugo)
photo_camera O artista Paco Pestana faleceu esta segunda feira en Lugo aos 72 anos (Foto: Deputación de Lugo)

O artista Paco Pestana (Castroverde, 1949) faleceu repentinamente esta segunda feira en Lugo aos 72 anos. 

Escultor, pintor, poeta e artista multidisciplinar, tivo en Adré Breton e no surrealismo os seus referentes fundamentais. Coa súa influencia deu a súa particular visión do mundo rural cun toque crítico e humorístico.

Nado en Castroverde, localidade da que era fillo predilecto, mudouse con oito anos a Lugo, onde estabeleceu o seu taller.

Foi lexionario no Sahara, mineiro e cooperativista do mundo agrario.

Considerado un dos artistas galegos máis recoñecidos dos últimos anos, Pestana pertence a unha xeración de escultores que xorden a partir do grupo Atlántica, aínda que nunca chegou a pertencer a el.

Aínda que destacou na escultura, a literatura foi outra das súas paixóns, en especial a poesía.

Os seus restos mortais están en Velorios Lucenses, onde se instalou a capela ardente. Esta cuarta feira celebrarase o funeral.

Comentarios