QUE FACER?

"Ensaio Amor", no Primavera EnDanza de Carballo, abre o abanico de ofertas esta finde

Danza, música, obradoiros de literatura e arte plástica para as máis cativas... Eis parte da oferta desta finde. Pasen e vexan.

ensaio_amor_20_(1)_350X360
photo_camera Un momento de "Ensaio Amor"
  • Sexta feira

 

Primavera enDanza 

Carballo

Auditorio do Pazo da Cultura

21.00h

Presentación do espectáculo "Ensaio amor", da compañía de Nuria Sotelo, unha peza que, a través da música, a danza e as palabras, aborda o universo feminino das súas creadoras.

  • Sábado

 

Estrela Vermelha

Santiago de Compostela

Sala Capitol

20.00h

Durante a Festa XX Aniversario de Estrela Vermelha contarán cos grupos musicais Xenderal, Ruxe-Ruxe e Keltoi!

Arte nos libros!

A Coruña

Biblioteca Municipal Infantil e Xuvenil

12.00h

Obradoiro para as crianzas con lecturas e actividades plásticas dan man de Maruxa Mallo, Luís Seoane, Leonardo da Vinci ou Picasso, entre outros. 

Pontevedra Literaria 

Pontevedra

11.30h

Desta volta contarán con Xosé Monteagudo para unha aproximación á vida cultural, política e social de Todo canto fomos

  • Domingo

 

Martes de Carnaval 

Santiago de Compostela

Salón Teatro

18.00h

O CDG bota a andar a primeira posta en escena en galego de dous dos esperpentos de Valle-Inclán As galas do defunto e A filla do capitán. As galas do defunto comeza na Galiza en 1898, nunha cidade portuaria. Xa A filla do capitán parte de dous acontecementos reais da época: o pronunciamento de Primo de Rivera en 1923 e o crime do Capitán Sánchez, en 1913.

Os limpa limpa

Redondela

Multiusos da Xunqueira

19.00h

Un espectáculo infantil a cargo de Expresións Producións, cheo de xogos, música, baile, creatividade e moito humor.

  • Toda a finde

 

Nós+outrxs en rede

Lugo

Museo Provincial de Lugo

Até o 30 de abril de 2017

Unha nova edición de  Nós+outrxs, un espazo para partillar diferentes reflexións arredor das problemáticas de xénero. Unha mostra plural da man de nove artistas.

Obras en madeira de Anxo Lamas

Lugo

Biblioteca Pública de Lugo

Até o 30 de abril de 2017

Exposición de obras en madeira de Anxo Lamas coa que se pretende render homenaxe a 62 escritoras e escritores da comarca.

MITEU 

Ourense

Até o 6 de maio de 2017

Bota a andar a XXII Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU) cun total de 30 compañías nacionais e de España, Portugal, Costa de Marfil, Irak, Suecia, Holanda e Colombia. Entre o 20 de abril e o 6 de maio poderanse ver as actuacións en diversos lugares como o Auditorio, o Teatro Principal, o Campus universitario, o Liceo e tamén nas rúas de Ourense. 

Comentarios