QUE FACER?

Este domingo comeza Cortocircuíto

HDS
photo_camera O recentemente falecido Harry Dean Stanton será obxecto de homenaxe no Cortocircuíto

Santiago de Compostela. CURTOCIRCUÍTO. Obra Social Abanca (Cervantes). A partir do domingo e até o 8 de outubro.

Volve o Curtocircuíto para xirar ‘Arredor do son’ con moitos artistas internacionais, catro obradoiros, un seminario e cinco conferencias xunto cunha performance e dous programas de películas con curtametraxes dos cinco continentes para ilustrar a importancia do son no cinema. E, ademais, F. J. Ossang e Teddy Williams como protagonistas principais, mais sen esquecer a obra de dez cineastas nacionais na sección Planeta GZ. 

San Sadurniño. IX XORNADA DE CULTURA POPULAR GALEGA. Casa da Cultura. Domingo.

A xornada de Cultura Popular Galega divídese entre unha exposición aberta durante todo o día, un obradoiro pola mañá e primeira hora da tarde e tres concertos gratuítos a partir do serán. O obradoiro está centrado na “afinación para gaita galega”, con Daniel Bellón; a exposición, “Mar”, é do fotoxornalista Kiko Delgado; e os concertos (19.00h) con Bellón Maceiras, Faragull@s e Os Enxebres de Cacheiras. 

Ponteareas. VI FESTIVAL DAS BRÉTEMAS. Parque da feira Vella. Sexta feira e sábado.

O Bre-TEMA desta nova edición xira ao redor de "Povos nas margens", con Mercedes Peón como cabeza de cartaz no serán do sábado, así como obradoiros.

Santiago de Compostela. FESTIVAL ROSALÍA. Teatro Principal/Praza de Cervantes. Sexta feira e sábado.Festival Rosalía 

O festival bota a andar o día 29, cunha gala no Teatro Principal e o sábado 30 de setembro, cunha feira de produtos rosalianos na Praza de Cervantes. 

Pontevedra. V FESTIVAL DAS NÚBEBES. Casa Azul. Sexta feira (17 h).

O festival das artes escénicas para bebés e familia ofrece dúas actividades para esta sexta, unha charla, “o teu parto consciente”; e un obradoiro de cociña saudábel, “cociña de cores”. 

Pontevedra. PASEOS POLA PONTEVEDRA LITERARIA. Cruceiro da Igrexa de Santa María. Sábado (11.30 h)

Esta fin de semana, A voz secreta das pedras, con Xesús Constela. Unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Pontevedra.

Carballo. RÚA DOS CONTOS. Varios locais. Sábado (a partir das 23 h).

A rúa dos contos reúne neste sábado os espectáculos “O mellor e o peor dos 80 e 90 en concerto”, e “O Ás para matar o 3”, con Marta Lado. 

A Coruña. CAMIÑANDO ENTRE ESTRELAS. Teatro do Andamio. Domingo (12.30 h).

Un contacontos que ilustra a formación dos planetas, estrelas, astros... xunto cunha escenografía que mostra os diferentes obxectos celestes, con fotografías e debuxos.

Comentarios